domingo, 24 de noviembre de 2013

Imaxinate unha lenda

O outro día estabamos os chavales e máis eu sen saber que facer, e como o profesor de Historia de Galicia estaba tan pesado co tema dos castros, decidimos pillar unhas boas cervexas e buscar algunha historia sobre algún castro da zona. Como hai tantos, pensamos que o mellor era dicir cada un un sitio onde veraneaba e buscar información sobre ese sitio. Despois de unhas tres cervexas decidimos que o tema a tratar sería o castro de Meirás. O mellor non é a historia máis longa ou a máis curiosa pero non tiñamos nada que facer e estabamos medio chuzados como para poñernos a analizar un castro de cen follas así que alá vamos.

Conta a historia do castro que hai un oco onde se acercas a cabeza escoitas música (non sabemos moi ben que clase de música pero pensamos que a canción que se ten que escoitar é a de Ferrol, dos Limones....está en todas partes). Hai tamén un tesouro debaixo dunha pedra cun aro de ferro no medio pero para isto hai varias versións, uns din que está debaixo do castro e outros din que está debaixo dunha pedra que apunta a torre de Hércules. Estea onde estea vai dar o mesmo xa que cando é de noite, ves a coroa pero non a podes coller porque desaparece no interior do castro. Pra os que busquedes un amor, din que noutro oco hai unha princesa encantada que tódalas noites de lúa chea sae a cantar pero que cando ve a alguén, desaparece. En fin, non sei si molará moito que tódalas cousas desaparezan pero o que si vos recomendo é que un dia collades unhas boas cervexas, Estrella Galicia a poder ser, que busquedes un castro, e que o visitides pola noite, a ver que pasa. Un saúdo xente.

Historias do demo

Pasamos unha vez no coche facendo unha viaxe non lembro a ónde, por un sitio chamado Abeleda, na parroquia de San Estevo de Anllo, no concello de sober. Chamoume a atención un gran piar de pedra en forma de gulla afiada que había por alí, soitario, sen soster nada….pregunteille aos meus pais que a que viña esa tontada de poner alí un piar e respondéronme que fai tempo, no reinado de Felipe IV, o demo andou por estas terras. Clar a min dinme iso e non sei de que falan así que como aínda quedaba tempo para parar a mexar pedínlles que me explicaran iso.
Entre o pesado do meu irmán e a música da radio non me enterei moi ben pero o que puiden sacar foi o seguinte :

Os monxes vieitos do monasterio querían construir unha boa ponte para comunicar as terras de Ourense e Monforte porque a ponte que había estaba cochambrosa e só podías pasar nunha barca que as veces cando o mar azotaba, hundíase….así que lle pediron permiso ao rei para facer a ponte pero este negouse xa que iba en contra dos intereses dos condes daquela época, algo así como os de Lemos, non sei moi ben. O caso é que o rei negouse, así que os monxes pediron axuda a o demo, o demo aceptou coa condición de que cando rematara, todolos monxes debían entregar as súas almas. No primeiro dia o demo construíu o par que había de servir de alicere á ponte. Ao segundo día os monxes volvéronse atrás porque pensaban que o prezo que había que pagar era moi alto, así que anularon o ontrato.

A verdade, está ben pensada esta historia como forma de buscar unha explicación a aquela extraña arquitectura.

Hai cousas tan antigas...

Dende logo, está claro que as veces hai que pensar mal para acertar….Estou cansado de dicirlle aos meus pais que nunca vou entrar nunha tenda de chinos, que non me fio….Meus pais dixéronme que les dera un motivo que defenda esa idea, e por non dicirlles o mítico de que non pagan impostos, que te vixilan coma un ladrón ao entrar e todo iso, decidín buscar alguna lenda ou historia sobre os chineses pero na nosa Galicia. Despois de buscar alguna cousa e ignorar todas as cousas que dicimos os galegos dos chinos, que por certo, as veces somos ben cabrones con eles, encontrei  unha lenda que a pesar de ser lenda e de ser na cidade de Lugo, eu penso que pode ser certo perfectamente, así que lle contei a historia a miña nai :
-Madre, busquei moito sobre os chinos, nada bó dicen deles, pero vouche contar unha lenda que ocorreu en Lugo e que che vai quitar as ganas de entrar outra vez nunca tenda.
-Sorpréndeme, dixo a miña nai
-Todo comezou cunha parella que ao saír dun almacén rexeitado por chinos nun polígono industrial, na hora de peche, a muller (muller tiña que ser por certo) se deu conta de que o bolso quedoulle dentro, así que volveu ao almacén a recupéralo.
-Sóame a trola
-Madre cala e escoita. Cando entrou,  atárona e metérona nun cuarto escuro e déronlle drogas para adormecela. O novio decatouse de que o partido ía comezar, así que entrou a preguntar pola súa moza. Os chineses negaron a presencia de unha muller así que o home chamou a policía para que inspeccionasen o interior do almacén. Cando a policía entrou, veron a muchaha tirada no solo e cinco chineses a redor dela esperando para quitarlle os órganos. Pensei que con isto, miña nai iba a ceder, sen embargo a súa resposta foi :

-Moi ben cielo, a partir de agora eses cables e fundas para o móvil que tanto necesitas sempre, en vez de pagar 1,5 euros por elas, vas a tendas orixinais e pagas 15 euros ti. Veña a cear pequeno saltamontes.

Ditos que rematan sendo historias

Cantos de nós non fixemos caso as cousas que dicían nos nosos maiores pensando que eran cousa da idade e que o final remata sendo cousa da sabedoría ou da tradición.
Meu avó sempre me dicía : non sexas borrico, estuda pra que nunca che fagan o reparto da troita. Claro, cando mo dicía non entendía nada ata que un día, pensando nel, busquei información sobre iso do reparto da troita e coma non son nin moito menos un hacha co internet, decidín preguntarlle a miña avoa. Soltando unha pequena lágrima de añoranza, preparouse un café clariño e comezou a contarme a historia do reparto da troita.
-Fai moito tempo Carliños, comezou dicindo, nunha aldea en Cuntis(Pontevedra) vivían dous curmáns, o Heladio e o Emilio. Heladio moitos coñecementos de escola non tiña pero sabía moito das artes da pesca. Un día o seu parente díxolle de ir a pescar a o río unhas troitas e repartir a partes iguais as pezas pescadas. Heladio, que lle gustaba moito a pesca, colleu os seus aparellos e lanzáronse ao río. Eh...eh....agarda un momentiño que non lembro moi ben como segue...
-Vale avoa non pasa nada, pregúntalle a tía que seguro que sabe como segue
-Non, deixa, xa me lembro, perdoa fillo, cousas da idade....sigo. como era de esperar o Heladio colleu máis pezas pero un trato é un trato así que o seu parente que tiña coñecemento das mates e un pouco da picardía comezou a repartir :
-Unha pra min, outra pa ti, outra pra min....unha pra min, outra pa ti, outra pra min; unha pra min, unha pra ti, outra pra min.... e así ata repartir 58 troitas. Ao ver que o montón de Heladio era máis pequeno, dixo :
-Arrea curmán, se non te vira contalas pensaría que me estabas a enganar !!

Cando rematou a historia miña avoa comezou a rir e eu, pensando no meu avó, comprendín que non sempre as maiores leccións da vida as dan os libros.