domingo, 24 de noviembre de 2013

Imaxinate unha lenda

O outro día estabamos os chavales e máis eu sen saber que facer, e como o profesor de Historia de Galicia estaba tan pesado co tema dos castros, decidimos pillar unhas boas cervexas e buscar algunha historia sobre algún castro da zona. Como hai tantos, pensamos que o mellor era dicir cada un un sitio onde veraneaba e buscar información sobre ese sitio. Despois de unhas tres cervexas decidimos que o tema a tratar sería o castro de Meirás. O mellor non é a historia máis longa ou a máis curiosa pero non tiñamos nada que facer e estabamos medio chuzados como para poñernos a analizar un castro de cen follas así que alá vamos.

Conta a historia do castro que hai un oco onde se acercas a cabeza escoitas música (non sabemos moi ben que clase de música pero pensamos que a canción que se ten que escoitar é a de Ferrol, dos Limones....está en todas partes). Hai tamén un tesouro debaixo dunha pedra cun aro de ferro no medio pero para isto hai varias versións, uns din que está debaixo do castro e outros din que está debaixo dunha pedra que apunta a torre de Hércules. Estea onde estea vai dar o mesmo xa que cando é de noite, ves a coroa pero non a podes coller porque desaparece no interior do castro. Pra os que busquedes un amor, din que noutro oco hai unha princesa encantada que tódalas noites de lúa chea sae a cantar pero que cando ve a alguén, desaparece. En fin, non sei si molará moito que tódalas cousas desaparezan pero o que si vos recomendo é que un dia collades unhas boas cervexas, Estrella Galicia a poder ser, que busquedes un castro, e que o visitides pola noite, a ver que pasa. Un saúdo xente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario