Non só os italianos ou os chinos teñen mafia.
Increíblemente nós, tamén tivemos a nosa o que pasa é que son desas historias
que nunca che contan e quedas sin sábelo ata que por casualidade aparece
Manolo. É un tipo que non sei como carallo fai, pero fales do que lle fales
nunca o pillas en nada, o tío está enterado de todo, e como non lle podemos
contar nada que non sepa, só nos queda escoitar como pampos o que di nas súas
clases.
A verdade é que hai cousas que non me interesan moito
pero por outro lado teño que recoñecer que hai cousas curiosas que nunca
imaxinei que poderían pasar nun sitio como Galicia e moito menos en Ferrol. Con
isto refírome a banda dos Soupiñas.
Os Soupiñas eran unha banda de ladróns moi moi ben
organizada que se adicaba a roubar, extorsionar e incluso secuestrar a
personaxes de Ferrol.
Chegou a contar con 135 membros entre eles xente
respetable cos seus propios negocios. Non sei moi ben se iso de respetable está
ben aplicado, posto que para pertencer a unha banda de estas, non sei se fará
falta ser moi respetable.
O seu líder era un rico comerciante chamado Manuel de la
Cruz. Manuel cuida ben dos seus homes posto que teñen un xornal fixo e unha
paga para as viuvas (consecuencias de ter un marido nunha banda de estas)
En 1832 chega a Ferrol o coronel Zumalacárregui que monta
un sistema polo cal consegue atrapar a máis de 40 membros e finalmente
desmantelar a banda.
O motivo de creación da banda remóntase a entrada dos
100.000 fillos de San Luis en Ferrol que provocou a miseria total da terra.
Pero por si fora pouco, en 1925 Ferrol perde a súa categoría de capital
departamental e pasa a depender completamente de Cádiz. Todo isto provocou unha
situación de malestar na terra e sumándolle a corrupción no poder e o relaxamento
das forzas armadas, a delincuencia aumenta considerablemente e provoca a
creación de bandas organizadas como os Soupiñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario