miércoles, 26 de febrero de 2014

Pequenas historias do pasado

Vouvos contar as pequenas pinceladas que sei dos meus avós, neste caso maternos. Atendede.
Miña avoa Esther perdeu ao seu pai cando tiña 9 anos. O seu pai, José Caamaño, era patrón dun barco pesqueiro. Sempre foi patrón menos eses tres anos que estivo nun campo de concentración por unha falsa acusación que dicía que era comunista cando en realidade non o era. No tempo deses tres anos, a súa muller, a miña visavoa, Manuela Souza, non podía ir a visitalo pero sí podía mandarlle comida que non sabía moi ben se esa comida lle chegaría pero ela a mandaba. Daquela tiñan relación cun home que tiña acceso a esos lugares entón Mauela pensou que sería boa idea mandarlle comida a José por mediación daquel home. Dixo que non tiña problema pero que quen algo quere, algo lle costa polo que o muy carota díxolle que o se acostaba con él que non lle llevaría a comida. Manuela negouse e pechou a porta nas narices do home. Cando José saiu de alí, embarcou no seu barco. Navegaba moito e pasaba moi pouco na casa pero vivían ben, tiñan unha casa moi grande en Noia e tiñan un moi bó soldo ao mes.
O problema chegou cando aos 39 anos, deulle in ataque ao corazón a José navegando cara a Australia. Manuela quedouse a cargo de catro fillos e sen nada polo que vendeu a súa casa e marchou para la Graña.
Ao quedarse sen o soldo de José, os meus tios-avós e a miña avoa tiveron que traballar. Miña tia-avoa Mucha, traballou cosendo nunha casa dunha familia acomodada pero terminou por irse cando lle contaba a Manuela o trato que recibía e que lle facían comer as sobras. Manuela que era unha muller curada en desgracias, a sacou rápidamente de alí e pasou a traballar cosendo pero facendo encargos dende a casa. Meu tio-avó Pepe, era o único home polo que foi o único que puido estudar. Estudo máquinas e traballou toda a súa vida en Bazán. Pola outra banda miña tía-avoa Cuca e miña avoa Esther, traballaron nun forno de leña.
Mentres tanto Manuela conseguiu ahorrar e comprou un pequeño bar na Graña. Xa coa situación máis acomodada o bar pasou a ser un negocio familiar pero aínda quedaba o recordo de José. Tivo que aforrar moitos cartos pero conseguiu traer o seu corpo, xa que daquela lle daban a opción de cobrar unha indemnización ou de pagar e traer o corpo dende Australia. Trouxo o corpo e foi enterrado aínda que Manuela nunca creeu realmente que trouxeran o corpo.
Miña avoa e máis os meus tíos-avós casáronse todos pero vouvos falar do meu avó e do meu tio-avó político Chicho.
CHICHO.
Eu apenas recordo a Chicho pero o recordo que teño non é malo, aínda que tiña os seus defectos. Recordo perfectamente como se poñía cada vez que tocabas o tema de Franco. A familia de Chicho fóra fusilada toda no Castelo de San Felipe e outros poucos á luz do faro da Torre de Hércules. Dende pequeno quedou só ao cargo dunha tía e adoptpu un sentimiento e un carácter moi forte contra a opresión, aínda que foi freando co tempo grazas a Mucha, que tiña medo a perdelo nalgunha manifestación ou nalgún arrebato deses que lle daban.
JUÁN, o meu avó
Do meu avó si que teño un gran recordó. Dende pequeño tamém tivo que buscarse a vida non por quedar sin pais, senón por ter que axudar económicamente a estes. Da súa vida de mozo teño moi pouco posto que todo o que sei, seino de cando casou coa miña avoa.
Sempre traballou moi ben e moito. Non lle tocou emigrar pero si lle tocou marchar cara Asturias a traballar día e noite nas minas. Cando conseguiu diñeiro volveu a Graña coa miña avoa e compraron unha parcela de terreo preto da casa onde agora hai un bloque de edificios. Nesa parcela tiñan coellos xa que nn tempo miña avoa vendia as peles dos coellos pero deixou de facelo porque a Juán dáballe pena matalos. O que sí que recordó ben son os grandes cerdos que tiñan alí e os recordó porque todos tiñan nomes de xogadores do Madrid de fútbol. Puskas, Juanito,Paco….
Tiña tamén unha chalana preciosa que aínda a coservamos e a uso eu sobre todo no verán para ir a pescar xa que o meu avó gustáballe moito a pesca.
Coa parcela iban saíndo as cousas adelante pero con catro fillos había que sacar máis ingresos así que meu avó meteuse a traballar en Izar onde estivo toda a vida ata que enfermou.
Teño o recordo dos antigos homes fuertes e traballadores, que saían as calles a protestar e logo chegaban a casa cunha sonrisa e parecía que non pasaba nada.
Cando Franco morreu na casa da miña nai era todo felicidade posto que tiveron tres días sen escola pero para Chicho e Juán era outro motivo de celebración distinto.

Os dous morreron tranquilos e orgullosos sabendo que ao final, tanto traballo e sufrimento serveu para algo. Meu avó puido verme a min de pequeno co seu buzo verde de Izar saíndo a pescar na María, a chalana que tanto lle costou facer e que usaba como modo de saír dos recordos da súa nenez e coller forzas para proporcionarme tanto a mi como a miña nai, a súa muller e o resto dos seus fillos unha vida mellor. En canto a Chicho, bueno….estou seguro que cando veu morrer ao “enano cabrón” como decía él, sentíu por fin, o sentimento que él buscaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario