O outro día
estabamos os chavales e máis eu sen saber que facer, e como o profesor de
Historia de Galicia estaba tan pesado co tema dos castros, decidimos pillar
unhas boas cervexas e buscar algunha historia sobre algún castro da zona. Como
hai tantos, pensamos que o mellor era dicir cada un un sitio onde veraneaba e
buscar información sobre ese sitio. Despois de unhas tres cervexas decidimos
que o tema a tratar sería o castro de Meirás. O mellor non é a historia máis
longa ou a máis curiosa pero non tiñamos nada que facer e estabamos medio
chuzados como para poñernos a analizar un castro de cen follas así que alá
vamos.
Conta a historia
do castro que hai un oco onde se acercas a cabeza escoitas música (non sabemos
moi ben que clase de música pero pensamos que a canción que se ten que escoitar
é a de Ferrol, dos Limones....está en todas partes). Hai tamén un tesouro
debaixo dunha pedra cun aro de ferro no medio pero para isto hai varias
versións, uns din que está debaixo do castro e outros din que está debaixo
dunha pedra que apunta a torre de Hércules. Estea onde estea vai dar o mesmo xa
que cando é de noite, ves a coroa pero non a podes coller porque desaparece no
interior do castro. Pra os que busquedes un amor, din que noutro oco hai unha
princesa encantada que tódalas noites de lúa chea sae a cantar pero que cando
ve a alguén, desaparece. En fin, non sei si molará moito que tódalas cousas
desaparezan pero o que si vos recomendo é que un dia collades unhas boas
cervexas, Estrella Galicia a poder ser, que busquedes un castro, e que o visitides
pola noite, a ver que pasa. Un saúdo xente.