Pasamos unha vez no coche
facendo unha viaxe non lembro a ónde, por un sitio chamado Abeleda, na
parroquia de San Estevo de Anllo, no concello de sober. Chamoume a atención un
gran piar de pedra en forma de gulla afiada que había por alí, soitario, sen
soster nada….pregunteille aos meus pais que a que viña esa tontada de poner alí
un piar e respondéronme que fai tempo, no reinado de Felipe IV, o demo andou
por estas terras. Clar a min dinme iso e non sei de que falan así que como
aínda quedaba tempo para parar a mexar pedínlles que me explicaran iso.
Entre o pesado do meu
irmán e a música da radio non me enterei moi ben pero o que puiden sacar foi o
seguinte :
Os monxes vieitos do
monasterio querían construir unha boa ponte para comunicar as terras de Ourense
e Monforte porque a ponte que había estaba cochambrosa e só podías pasar nunha
barca que as veces cando o mar azotaba, hundíase….así que lle pediron permiso
ao rei para facer a ponte pero este negouse xa que iba en contra dos intereses
dos condes daquela época, algo así como os de Lemos, non sei moi ben. O caso é
que o rei negouse, así que os monxes pediron axuda a o demo, o demo aceptou coa
condición de que cando rematara, todolos monxes debían entregar as súas almas.
No primeiro dia o demo construíu o par que había de servir de alicere á ponte.
Ao segundo día os monxes volvéronse atrás porque pensaban que o prezo que había
que pagar era moi alto, así que anularon o ontrato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario