domingo, 24 de noviembre de 2013

Ditos que rematan sendo historias

Cantos de nós non fixemos caso as cousas que dicían nos nosos maiores pensando que eran cousa da idade e que o final remata sendo cousa da sabedoría ou da tradición.
Meu avó sempre me dicía : non sexas borrico, estuda pra que nunca che fagan o reparto da troita. Claro, cando mo dicía non entendía nada ata que un día, pensando nel, busquei información sobre iso do reparto da troita e coma non son nin moito menos un hacha co internet, decidín preguntarlle a miña avoa. Soltando unha pequena lágrima de añoranza, preparouse un café clariño e comezou a contarme a historia do reparto da troita.
-Fai moito tempo Carliños, comezou dicindo, nunha aldea en Cuntis(Pontevedra) vivían dous curmáns, o Heladio e o Emilio. Heladio moitos coñecementos de escola non tiña pero sabía moito das artes da pesca. Un día o seu parente díxolle de ir a pescar a o río unhas troitas e repartir a partes iguais as pezas pescadas. Heladio, que lle gustaba moito a pesca, colleu os seus aparellos e lanzáronse ao río. Eh...eh....agarda un momentiño que non lembro moi ben como segue...
-Vale avoa non pasa nada, pregúntalle a tía que seguro que sabe como segue
-Non, deixa, xa me lembro, perdoa fillo, cousas da idade....sigo. como era de esperar o Heladio colleu máis pezas pero un trato é un trato así que o seu parente que tiña coñecemento das mates e un pouco da picardía comezou a repartir :
-Unha pra min, outra pa ti, outra pra min....unha pra min, outra pa ti, outra pra min; unha pra min, unha pra ti, outra pra min.... e así ata repartir 58 troitas. Ao ver que o montón de Heladio era máis pequeno, dixo :
-Arrea curmán, se non te vira contalas pensaría que me estabas a enganar !!

Cando rematou a historia miña avoa comezou a rir e eu, pensando no meu avó, comprendín que non sempre as maiores leccións da vida as dan os libros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario