martes, 20 de mayo de 2014

Conversacións de bar.


Lembro que o pasado fin de semana, quedei cos amigos no bar de sempre. É un bar completamente normal o que pasa que collimos por costume ir a ese e xa dicimos o bar de sempre. O caso é que quedei con eles porque Tino, volvera dun viaxe que fixo coa súa familia a París, e queríamos velo e que nos contase como lle foi o viaxe.
Coma sempre eu cheguei de primeiro, outra cosa non pero puntual son un rato.
-Cocacola pequena con hielo, Álvaro.
Ao momento decateime de que tiña que aguantar as historias de Tino, así que rápidamente cambiei de opinión.
-Unha pinta ben fría, Álvaro.
Apenas deume tempo a saborear a cerveza cando apareceu Tino.
-Carallo home, que ben sentouche irte uns días para alá eh ¡¡¡
Fixen este comentario porque o vin un pouco máis gordo que antes de marchar.
-Veña vaime contando todo mentres non chegas os demáis.
Tino pediu o mismo que eu e comenzou coa súa historia. Eu aínda que non me apetecía nada escoitar batallitas, facía que escoitaba.
-Joder Calis, que ben o pasei…chegamos ao aereoporto e como nas películas, un francés esperando cun cartel que poñía : familia Martínez Santos .Así que subimos no taxi. Levaba o taxista unha música moi rara, como roio alternativo que a verdade é que me molou bastante, porque aquí non se escoitan esas cousas.
E claro, nese momento no que eu estaba sen facer caso, o cerebro activóuseme.
-Pero me cago en la leche Tino, pero ti a qué andas? Como que non se escoita?  Pero ti eres galego? Joder tio, a movida Viguesa Tino ¡¡¡¡ todo empezou ahí, dende os 80 levamos a música alternativa, iniciando o movemento cos Resentidos e Radio Océano…e logo xa deixaron a base sólida para que entraran na década dos 90 Xenreira, Os Diplomaticos de Monte Alto…e che digo outra cousa, menos mal que veias Xabarín Club, que foi o máximo difusor desta corrente….
Despóis da despotricada esta, Tino miroume como se estivese loco e seguiu hablando…como se suele decir, mis sermones a sus cojones..en fin, seguín escoitando…
Antes de que Tino seguira falando, entrou Javi, chegando tarde coma sempre…así que agora éramos tres para seguir discutindo as “novedades” que Tino descubriu nese país e que ao parecer non hai aquí.

Conversacións de bar. 2


Tino seguiu.
-Logo o que tamén era unha pasada eran os edificios. Non eran tan feos como os que hai aquí, se ve que os arquitectos son mellores.
Nese momento o meu cerebro comprendeu que Tino non tiña nin puta idea das cousas de Galicia, e chámalle moito a atención as cousas de fora….que tópico verdade?
Acabei a miña pinta, pedín outra e púxenme a capa de súper héroe. A miña misión consistía en facerlle caer da burra a Tino.
Deixei que seguira falando para ver por ónde o podía pillar.
-Eran preciosos, pero preciosos no estilo moderno…queren ser tan vangardistas que ata a Torre effiel ten un diseño moderno
Chan chan chan chaaaaaaaaan, o meu momento….
-Tino, ti es parvo ou qué? En primerio lugar a torre esa é unha merda, a poñen aquí no cabo Prior e non dura dous minutos. Unha torre é a de Hércules, de pedra maciza, iso non rompe nin o dobra nin o pichote. E para rematar, que dis, que non temos vangardas aquí?
-Claro que non Calis, aquí temos feísmo…
O cabrón pilloume ahí pero eu estaba emperrado en desprestixiar todo o que él dixera.Antes de que puidese dicir nada, Javi xa había buscado en internet o exemplo máis claro de vagarda galega.
-Escoita, Tino. Rodolfo Ucha, arquitecto de Vigo. Utiliza un estilo perfectamente modernista con elementos innovadores, e iso que que é de primeiros do sigo XX eh…
-Xa sei quén é, pero….
-SHHH cala home e escoita o que fixo este home. O hotel suizo, a pescadería municipal, o casino de Ferrol, a fachada do teatro Jofre…queres que siga?
-Non home non…está claro que estades por botar por terra as miñas vacacións…
Eu fíxenlle un xesto de complicidade a javi e pedimos todos outra ronda. Nese momento chegou Juanito, e como non, pedíu unha cerveza. Tino comenzou a falar outra vez…

Conversacións de bar. 3


-A qué andades? Dixo Juanito coa pinta na man.
-Aquí que o Tino pensa que os franceses son mellores que nós. Contesteille eu.
-Pero que dis? Pero si son uns mataos, que teñen envidia de nós.
Entón colleu Tino e dixo:
-A ver dexádesme seguir coa história ou non?
-Conta oh. Añadín eu.
-Bueno pois iso, que chegamos ao hotel, deixamos as cousas e baixamos para dar un paseo pola cidade. E nunha rúa apartada vin unha espécie de tenda onde tiñan unha colección de cómics inmensa e de lúns a venres poñían cine alternativo, e algunas pelis modernas en branco e negro…
Eu comencei a pensar nese tema, sonábame moito. Xa está ¡¡¡ claro que me sonaba, o Manolo tirouse 40 clases falando do cine e do cómic. Sinceramente de pouco me acordaba, pero suficiente para demostrarlle a Tino, outra vez que Galicia tamén ten diso.
-Oes Tino, ti sabes quén é Miguel Anxo Prado?
-Joder que pesadiño, a ver veña ilústrame
-Pois mira o home este é da Coruña eh, non é de EEUU nin nada…
-Joder…xa empeza…
-A ver Tino cala, que levas media hora falando, escoita. O home este traballou para Steven Spielberg, sisi o Steven director de cine. E creou os personaxes de Men in Black.
-Pero que dis, un galego?
-Que si oh, que é galego. A que nin o coñecías??
-Ostia pois non….e qué premios ten?
-Non sei, Javi , busca ahí os premios que ten
Mentres Javi buscaba os premios do Miguel, sentía que Tino pouco a pouco íase dando conta de que estaba descubrindo noutro sitio, cousas que ten na súa propia cidade…
-Xa o teño. Dixo Javi. Mellor libro do ano na semana da historieta en Madrid, mellor obra do salón do cómic de Barcelona, premio Alph-art, entre outros premios a mellor cómic no salón de Barcelona ou outras numerosas nominacións.
-Carallo….pois se chego a saber que era tan bó o Miguel este non me habría gastado 78 euros en cómis alí….dixo Tino coa cabeza baixa….

Conversacións de bar. 4


Xa pasaban das oito da tarde e o Tino aínda tiña a cara dura de falar de máis cousas de Francia.
-A ver eu quería falarvos do cine que vin nesa tenda pero xa teño medo de dicirvos algo, por si me saltades coutra síntese sobre a cultura de Galicia..
-Tranqui Tino, que non che vamos contar nada máis, pero ti tampouco, porque levas tres horas falando e non contaches nada novo…
Juanito que estaba por alí purulando dixo :
-Oes Tino, se queres saber o que é novo cine, e rompedor o vas buscar ti, que Javi vaise quedar sin megas no móvil pola túa culpa.
-Vale pois dicídeme a quén podo buscar que non teño nin idea…
-Dende logo o teu é de pecado macho…díxenlle eu parecendo que sabía sobre o tema…din o último choupo a cerveza e díxenlle:
-Óliver Laxe.
Era do único que me acordaba dos que dimos en clase, pero bueno quedei bastante de entendido porque ninguén o coñecía.
-Joder, moito ten Galicia eh…eu pensaba que só destacaba a estrella Galicia…
-Iso é do mellor que ten ¡¡ dixo Juanito acabando a súa…
Fíxose un silencio e Tino dixo :
-Veña vouvos contar a verdadeira historia de Francia. Hai unhas chavalas que quitan o hipo, sempre paseando cuns pantalóns curtiños de todo (…)
Por fin Tino contaba algo novo. Cando nos dimos conta, éramos catro amigos borrachos, no bas de sempre, falando da cultura de Galicia unha tarde calquera.

O coche.


O sábado volvíamos da miña primeira clase de condución miña nai e máis eu. Clase onde non o fixen nada mal, mallando polos carreños da zona de Esmelle e San Jorge.
Tiñamos que lavar o coche e díxenlle á miña nai que podiamos ir ao autolavado ese que hai pasando o decathlon, que non estaban nada mal e aspira mello que na gasolinera da malata, esa que hay ao lado do sexto pino. Mentres lavábamos o coche, formulei unha pregunta de esas que se fan cando levas un rato en silencio, coa idea de matar esa situación incómoda pero que sabes que nin te interesa, nin che vai levar a unha gran reflexión ou a un tema de conversación onde poidas sacarlle jugo a algo. As veces esa situación non se da como pensas, e te levas unha sorpresa.
-Mamá, cómo ves todo o rollo do sector naval?
-Mal.
Claro, andaba centrada limpando os regaliños que deixan determinadas especies de aves, polo que non me contestou como eu esperaba. Volvín a preguntarlle.
-Eres optimista con Ferrol?
Esta pregunta gustoulle máis.
-Sí, eu son optimista. O problema é que a xente anda demasiado cega co sector naval, non se pode sacar de donde non hai. Se non hai barcos, non hai sector. Pero temos moitas cousas que se poden fomentar, mira na semana santa canta xente houbo o una fashion night. Que fomenten as actividades coa paisaxe, rutas polas praias por exemplo ou cousas relacionadas coa gastronomía ou que inventen unha nova festa, a festa da vieira por exemplo.
Acto seguido deu a volta ao coche e comenzou a loitar contra as manchas da parte traseira. Pero eu xa estaba interesado no tema, interesado en seguir hablando grazas a esa pregunta sen importancia que fixen para non estar calados mentres limpábamos cagadas.
-Eu tamén son optimista mamá o que pasa é que non hai xente válida para fomentar iso…
-A xente está moi mal Calis….moitas famílias que non teñen recursos….moita xente que marcha…eu non sei cal será a fórmula, pero creo que tiña que vir unha xeración nova de políticos que queran gobernar de verdade e que estén comprometidos coa xente e coa terra.
-Entón podemos ser optimistas mamá?
-Eu creo que sí, a situación vai a ser cada vez máis insostenible e a xente vai reaccionar, coma sempre, a base de non aturar máis….pero creo que dentro de dez ou vinte anos, o panorama de Ferrol vai ser outro completamente distinto ao de agora, e moito mellor….polo momento hai que esperar a toda esa xente que non fai nada porque non sabe que facer, porque o está pasando mal a que reaccione. Unha vez que toda esa xente que non pode facer nada polas circunstancias reaccione, a cousa cambiará.

Ser ou non ser.


Os que me coñecen saben que son un tipo de persoa bastante despreocupada en xeral, e se non me coñecedes xa volo digo eu, son unha persoa bastante despreocupada en xeral. A despreocupación faime vivir dunha forma tranquila, non me agobio, non estou triste, non discuto….pero agora tócame facer de actor, teño que finxir estar preocupado por algo para conseguir o aprobado en Historia de Galicia. E sobre qué? Coño parecedes parvos, de qué vai ser? Acabo de dicir que teño que preocuparme por algo para conseguir o aprobado en Historia de Galicia, polo tanto terei que preocuparme por algo relacionado con Glicia. A ver se me atendedes un pouco máis, escoitade.
O traballo ten que ser sobre unha utopía ou unha distopía ou algo así, entón teño que decantarme por unha idea, polo que prefiro ser positivo e crear a miña propia utopía. Alá imos.
Ferrol, miña terra galega, onde o ceo é sempre gris….é moi difícil falar ben de Ferrol nestos tempos…sen traballo, cada vez sen máis xente, comercios cerrando e outros que non dan aberto, urbanísticamente deficiente…pero que carallo queredes que pense? É o lugar onde me emborrachei por primeira vez, onde coñecín a miña chavala, onde me formei e onde fixen amigos, malos e bós….é o meu lugar polo que cústame moito ser negativo…
O principal problema é o pouco que lles interesa aos políticos a terra e o pouco que saben aproveitar o seus recursos, precisamente pola primeira razón, non lles importa.
Outro problema que persegue a Ferrol é a pasividade da xente, xa me gustaría a min, que houbese por ahí algún persoaxe como o da película V de Vendeta, que provocou a movilización de toda a xente por eses chamados idelaes, inexistentes a día de hoxe na mentalidade da xente e dos políticos.
Pero que carallo, eu son optimista e creo que sufriremos un momento V de Vendeta, no que a xente, xa ata os collóns, decida levantarse e transformar a sociedade, transformación que saldrá nos libros de historia dos anos seguintes e que poderei explicarlle aos meus fillos.
Así que dentro de 10 ou 20 anos ou incluso menos de 10, ou entre 10 e 20 ou pode darse o caso de entre 10 e 15 anos, pasearei pola rúa real e poderei pararme a mirar os escaparates das tendas, porque todas estarán abertas. Poderei ir co meu coche recén limpo no autolavado que hai pasando o decathlon as praias e ver unha zona salvaxe, conservada e que atrae turismo que está canso de ver zonas como Torremolinos. Verei cousas moi raras como industrias e empresas que apostan polo terreo agrícola e sabe explotar os recursos da terra.
Haberá cambios tamén coma o dos centros comerciales, a ninguén lle gusta xa pasar a tarde nun centro comercial de eses…isto non sei como será pero non soporto os centros comerciales, polo que non teñe sentido que os meta na miña propia utopía.
O sector naval estará en funcionamento pero non coma a gran potencia que era, senon como unha potencia máis da terra.
Penso que fixen bastante ben de actor e me estou cansando de escribir po

Qué coño fago?


Estou aquí sentado no sillón  co portátil entre as pernas estudando para a recuperación de historia de España do mércores. Estou bastante canso xa da merda esa da historia, total é todo o mesmo…así que fixen unha pausa e acordeime que o mesmo cabrón que me da clase de historia de España e que non me dixo nin unha pista ni nada do que me teño que estudar para o exame, é o mesmo que me da historia de Galicia e o mesmo que nos obliga a facer catro entradas de cada tema. En qué cabeza cabe poder contar catro historias do mesmo tema? Joder, xa levo feitas dúas da utopía esa e aínda quédanme outras dúas e outras catro da cultura galega…a ver que coño fago…
Nas entradas anteriores fun bastante positivo co tema de Galicia, pero agora como estou aturullado xa pensando en que teño que facer mogollón de entradas e teño que recuperar un exame imposible de historia de España, vou ser un pesimista e vouvos contar como vai ser a miña historia dentro de corenta anos, pero en dúas partes, así fago outra entrada máis e só me quedan catro (voume cagar nesas catro entradas).
Ano 2054. Encóntrome no sillón co portátil entre as pernas buscando traballo. Apenas podo escribir, a miña barriga envolta nunha camiseta branca con lamparones de salsa de tomate non me deixan ter o portátil cerca, polo que teño que estirar os brazos para escribir.
“Limpador de piscinas a tempo parcial”. Paso, os únicos que teñen casas con piscina son os cabrones que fixeron que esté aquí buscando traballo.
“Necesítase xente para recoller os últimos escombros do astaleiro”. Nin de coña, non vou a axudar a destruír ese fermoso lugar que tantos anos deume de comer.
“Construcións feísmo do Ferrol, precisamos xente con experiencia na construción”.
Estes están de broma…eu entes vivía mirando o mar e agora vivo mirando o culo das pensionistas chinas e alemanas que salen a terraza a tomar as miñas cervezas e a mirar o mar onde  eu podía bañarme en bolas de noite.
“limpador de merda de can”. Bueno prefiro limpar as merdas dos cans que traballar na merda de empleos que crearon os fillos da puta do gobernó e que destruíron Ferrol, que máis que Ferrol chámase Ferridor, cidade de vacacións.
Encóntrome no sillón, co portátil entres as pernas mirando as fotos da miña exmuller, que non quería quedar nunha terra coma esta, casada cun capitán de barco en paro.
Estou canso de escribir, vou baixar ao mercado a comprar outra botella de alcohol, miña única compañeira, a causa da miña felicidade, e dentro dúns anos, da miña destrución….