martes, 20 de mayo de 2014

Ser ou non ser.


Os que me coñecen saben que son un tipo de persoa bastante despreocupada en xeral, e se non me coñecedes xa volo digo eu, son unha persoa bastante despreocupada en xeral. A despreocupación faime vivir dunha forma tranquila, non me agobio, non estou triste, non discuto….pero agora tócame facer de actor, teño que finxir estar preocupado por algo para conseguir o aprobado en Historia de Galicia. E sobre qué? Coño parecedes parvos, de qué vai ser? Acabo de dicir que teño que preocuparme por algo para conseguir o aprobado en Historia de Galicia, polo tanto terei que preocuparme por algo relacionado con Glicia. A ver se me atendedes un pouco máis, escoitade.
O traballo ten que ser sobre unha utopía ou unha distopía ou algo así, entón teño que decantarme por unha idea, polo que prefiro ser positivo e crear a miña propia utopía. Alá imos.
Ferrol, miña terra galega, onde o ceo é sempre gris….é moi difícil falar ben de Ferrol nestos tempos…sen traballo, cada vez sen máis xente, comercios cerrando e outros que non dan aberto, urbanísticamente deficiente…pero que carallo queredes que pense? É o lugar onde me emborrachei por primeira vez, onde coñecín a miña chavala, onde me formei e onde fixen amigos, malos e bós….é o meu lugar polo que cústame moito ser negativo…
O principal problema é o pouco que lles interesa aos políticos a terra e o pouco que saben aproveitar o seus recursos, precisamente pola primeira razón, non lles importa.
Outro problema que persegue a Ferrol é a pasividade da xente, xa me gustaría a min, que houbese por ahí algún persoaxe como o da película V de Vendeta, que provocou a movilización de toda a xente por eses chamados idelaes, inexistentes a día de hoxe na mentalidade da xente e dos políticos.
Pero que carallo, eu son optimista e creo que sufriremos un momento V de Vendeta, no que a xente, xa ata os collóns, decida levantarse e transformar a sociedade, transformación que saldrá nos libros de historia dos anos seguintes e que poderei explicarlle aos meus fillos.
Así que dentro de 10 ou 20 anos ou incluso menos de 10, ou entre 10 e 20 ou pode darse o caso de entre 10 e 15 anos, pasearei pola rúa real e poderei pararme a mirar os escaparates das tendas, porque todas estarán abertas. Poderei ir co meu coche recén limpo no autolavado que hai pasando o decathlon as praias e ver unha zona salvaxe, conservada e que atrae turismo que está canso de ver zonas como Torremolinos. Verei cousas moi raras como industrias e empresas que apostan polo terreo agrícola e sabe explotar os recursos da terra.
Haberá cambios tamén coma o dos centros comerciales, a ninguén lle gusta xa pasar a tarde nun centro comercial de eses…isto non sei como será pero non soporto os centros comerciales, polo que non teñe sentido que os meta na miña propia utopía.
O sector naval estará en funcionamento pero non coma a gran potencia que era, senon como unha potencia máis da terra.
Penso que fixen bastante ben de actor e me estou cansando de escribir po

No hay comentarios:

Publicar un comentario