O sábado volvíamos da
miña primeira clase de condución miña nai e máis eu. Clase onde non o fixen
nada mal, mallando polos carreños da zona de Esmelle e San Jorge.
Tiñamos que lavar o coche
e díxenlle á miña nai que podiamos ir ao autolavado ese que hai pasando o
decathlon, que non estaban nada mal e aspira mello que na gasolinera da malata,
esa que hay ao lado do sexto pino. Mentres lavábamos o coche, formulei unha
pregunta de esas que se fan cando levas un rato en silencio, coa idea de matar
esa situación incómoda pero que sabes que nin te interesa, nin che vai levar a
unha gran reflexión ou a un tema de conversación onde poidas sacarlle jugo a
algo. As veces esa situación non se da como pensas, e te levas unha sorpresa.
-Mamá, cómo ves todo o
rollo do sector naval?
-Mal.
Claro, andaba centrada
limpando os regaliños que deixan determinadas especies de aves, polo que non me
contestou como eu esperaba. Volvín a preguntarlle.
-Eres optimista con
Ferrol?
Esta pregunta gustoulle
máis.
-Sí, eu son optimista. O
problema é que a xente anda demasiado cega co sector naval, non se pode sacar
de donde non hai. Se non hai barcos, non hai sector. Pero temos moitas cousas
que se poden fomentar, mira na semana santa canta xente houbo o una fashion
night. Que fomenten as actividades coa paisaxe, rutas polas praias por exemplo
ou cousas relacionadas coa gastronomía ou que inventen unha nova festa, a festa
da vieira por exemplo.
Acto seguido deu a volta
ao coche e comenzou a loitar contra as manchas da parte traseira. Pero eu xa
estaba interesado no tema, interesado en seguir hablando grazas a esa pregunta
sen importancia que fixen para non estar calados mentres limpábamos cagadas.
-Eu tamén son optimista
mamá o que pasa é que non hai xente válida para fomentar iso…
-A xente está moi mal
Calis….moitas famílias que non teñen recursos….moita xente que marcha…eu non
sei cal será a fórmula, pero creo que tiña que vir unha xeración nova de
políticos que queran gobernar de verdade e que estén comprometidos coa xente e
coa terra.
-Entón podemos ser
optimistas mamá?
-Eu creo que sí, a
situación vai a ser cada vez máis insostenible e a xente vai reaccionar, coma
sempre, a base de non aturar máis….pero creo que dentro de dez ou vinte anos, o
panorama de Ferrol vai ser outro completamente distinto ao de agora, e moito
mellor….polo momento hai que esperar a toda esa xente que non fai nada porque
non sabe que facer, porque o está pasando mal a que reaccione. Unha vez que
toda esa xente que non pode facer nada polas circunstancias reaccione, a cousa
cambiará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario