martes, 20 de mayo de 2014

Conversacións de bar. 4


Xa pasaban das oito da tarde e o Tino aínda tiña a cara dura de falar de máis cousas de Francia.
-A ver eu quería falarvos do cine que vin nesa tenda pero xa teño medo de dicirvos algo, por si me saltades coutra síntese sobre a cultura de Galicia..
-Tranqui Tino, que non che vamos contar nada máis, pero ti tampouco, porque levas tres horas falando e non contaches nada novo…
Juanito que estaba por alí purulando dixo :
-Oes Tino, se queres saber o que é novo cine, e rompedor o vas buscar ti, que Javi vaise quedar sin megas no móvil pola túa culpa.
-Vale pois dicídeme a quén podo buscar que non teño nin idea…
-Dende logo o teu é de pecado macho…díxenlle eu parecendo que sabía sobre o tema…din o último choupo a cerveza e díxenlle:
-Óliver Laxe.
Era do único que me acordaba dos que dimos en clase, pero bueno quedei bastante de entendido porque ninguén o coñecía.
-Joder, moito ten Galicia eh…eu pensaba que só destacaba a estrella Galicia…
-Iso é do mellor que ten ¡¡ dixo Juanito acabando a súa…
Fíxose un silencio e Tino dixo :
-Veña vouvos contar a verdadeira historia de Francia. Hai unhas chavalas que quitan o hipo, sempre paseando cuns pantalóns curtiños de todo (…)
Por fin Tino contaba algo novo. Cando nos dimos conta, éramos catro amigos borrachos, no bas de sempre, falando da cultura de Galicia unha tarde calquera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario