Estou aquí sentado no
sillón co portátil entre as pernas
estudando para a recuperación de historia de España do mércores. Estou bastante
canso xa da merda esa da historia, total é todo o mesmo…así que fixen unha pausa
e acordeime que o mesmo cabrón que me da clase de historia de España e que non
me dixo nin unha pista ni nada do que me teño que estudar para o exame, é o
mesmo que me da historia de Galicia e o mesmo que nos obliga a facer catro
entradas de cada tema. En qué cabeza cabe poder contar catro historias do mesmo
tema? Joder, xa levo feitas dúas da utopía esa e aínda quédanme outras dúas e
outras catro da cultura galega…a ver que coño fago…
Nas entradas anteriores
fun bastante positivo co tema de Galicia, pero agora como estou aturullado xa
pensando en que teño que facer mogollón de entradas e teño que recuperar un
exame imposible de historia de España, vou ser un pesimista e vouvos contar
como vai ser a miña historia dentro de corenta anos, pero en dúas partes, así
fago outra entrada máis e só me quedan catro (voume cagar nesas catro
entradas).
Ano 2054. Encóntrome no
sillón co portátil entre as pernas buscando traballo. Apenas podo escribir, a
miña barriga envolta nunha camiseta branca con lamparones de salsa de tomate
non me deixan ter o portátil cerca, polo que teño que estirar os brazos para
escribir.
“Limpador de piscinas a
tempo parcial”. Paso, os únicos que teñen casas con piscina son os cabrones que
fixeron que esté aquí buscando traballo.
“Necesítase xente para
recoller os últimos escombros do astaleiro”. Nin de coña, non vou a axudar a
destruír ese fermoso lugar que tantos anos deume de comer.
“Construcións feísmo do
Ferrol, precisamos xente con experiencia na construción”.
Estes están de broma…eu
entes vivía mirando o mar e agora vivo mirando o culo das pensionistas chinas e
alemanas que salen a terraza a tomar as miñas cervezas e a mirar o mar
onde eu podía bañarme en bolas de noite.
“limpador de merda de
can”. Bueno prefiro limpar as merdas dos cans que traballar na merda de empleos
que crearon os fillos da puta do gobernó e que destruíron Ferrol, que máis que
Ferrol chámase Ferridor, cidade de vacacións.
Encóntrome no sillón, co
portátil entres as pernas mirando as fotos da miña exmuller, que non quería
quedar nunha terra coma esta, casada cun capitán de barco en paro.
Estou canso de escribir,
vou baixar ao mercado a comprar outra botella de alcohol, miña única
compañeira, a causa da miña felicidade, e dentro dúns anos, da miña
destrución….
No hay comentarios:
Publicar un comentario