Lembro que o pasado fin de semana, quedei cos amigos no bar
de sempre. É un bar completamente normal o que pasa que collimos por costume ir
a ese e xa dicimos o bar de sempre. O caso é que quedei con eles porque Tino,
volvera dun viaxe que fixo coa súa familia a París, e queríamos velo e que nos
contase como lle foi o viaxe.
Coma sempre eu cheguei de primeiro, outra cosa non pero
puntual son un rato.
-Cocacola pequena con hielo, Álvaro.
Ao momento decateime de que tiña que aguantar as historias
de Tino, así que rápidamente cambiei de opinión.
-Unha pinta ben fría, Álvaro.
Apenas deume tempo a saborear a cerveza cando apareceu Tino.
-Carallo home, que ben sentouche irte uns días para alá eh
¡¡¡
Fixen este comentario porque o vin un pouco máis gordo que
antes de marchar.
-Veña vaime contando todo mentres non chegas os demáis.
Tino pediu o mismo que eu e comenzou coa súa historia. Eu
aínda que non me apetecía nada escoitar batallitas, facía que escoitaba.
-Joder Calis, que ben o pasei…chegamos ao aereoporto e como
nas películas, un francés esperando cun cartel que poñía : familia Martínez
Santos .Así que subimos no taxi. Levaba o taxista unha música moi rara, como
roio alternativo que a verdade é que me molou bastante, porque aquí non se
escoitan esas cousas.
E claro, nese momento no que eu estaba sen facer caso, o
cerebro activóuseme.
-Pero me cago en la leche Tino, pero ti a qué andas? Como
que non se escoita? Pero ti eres galego?
Joder tio, a movida Viguesa Tino ¡¡¡¡ todo empezou ahí, dende os 80 levamos a
música alternativa, iniciando o movemento cos Resentidos e Radio Océano…e logo
xa deixaron a base sólida para que entraran na década dos 90 Xenreira, Os
Diplomaticos de Monte Alto…e che digo outra cousa, menos mal que veias Xabarín Club,
que foi o máximo difusor desta corrente….
Despóis da despotricada esta, Tino miroume como se estivese
loco e seguiu hablando…como se suele decir, mis sermones a sus cojones..en fin,
seguín escoitando…
Antes de que Tino seguira falando, entrou Javi, chegando
tarde coma sempre…así que agora éramos tres para seguir discutindo as
“novedades” que Tino descubriu nese país e que ao parecer non hai aquí.