Tino seguiu.
-Logo o que tamén era unha pasada eran os edificios. Non
eran tan feos como os que hai aquí, se ve que os arquitectos son mellores.
Nese momento o meu cerebro comprendeu que Tino non tiña nin
puta idea das cousas de Galicia, e chámalle moito a atención as cousas de
fora….que tópico verdade?
Acabei a miña pinta, pedín outra e púxenme a capa de súper
héroe. A miña misión consistía en facerlle caer da burra a Tino.
Deixei que seguira falando para ver por ónde o podía pillar.
-Eran preciosos, pero preciosos no estilo moderno…queren ser
tan vangardistas que ata a Torre effiel ten un diseño moderno
Chan chan chan chaaaaaaaaan, o meu momento….
-Tino, ti es parvo ou qué? En primerio lugar a torre esa é
unha merda, a poñen aquí no cabo Prior e non dura dous minutos. Unha torre é a
de Hércules, de pedra maciza, iso non rompe nin o dobra nin o pichote. E para
rematar, que dis, que non temos vangardas aquí?
-Claro que non Calis, aquí temos feísmo…
O cabrón pilloume ahí pero eu estaba emperrado en
desprestixiar todo o que él dixera.Antes de que puidese dicir nada, Javi xa
había buscado en internet o exemplo máis claro de vagarda galega.
-Escoita, Tino. Rodolfo Ucha, arquitecto de Vigo. Utiliza un
estilo perfectamente modernista con elementos innovadores, e iso que que é de
primeiros do sigo XX eh…
-Xa sei quén é, pero….
-SHHH cala home e escoita o que fixo este home. O hotel
suizo, a pescadería municipal, o casino de Ferrol, a fachada do teatro
Jofre…queres que siga?
-Non home non…está claro que estades por botar por terra as
miñas vacacións…
Eu fíxenlle un xesto de complicidade a javi e pedimos todos
outra ronda. Nese momento chegou Juanito, e como non, pedíu unha cerveza. Tino
comenzou a falar outra vez…
No hay comentarios:
Publicar un comentario