miércoles, 26 de febrero de 2014

Prestige

Ano 2002, casa de avoa Reme. A sopa fría.
Comezaba todo coma un dia normal, comida familiar en casa da avoa. Antes da comida era costume ir ao bar Juán a tomar un mosto tinto cunha tapa de esos callitos picantes que me gustaban tanto. Unha vez terminado o pintxo (teño ascendencia vasca, perdonadme si se me escapa algo) subimos a casa da avoa para comezar coa comida. Normalmente estaba a miña avoa preparando a merluza con patacas que solía comer despois dun platiño calentiño de sopa, pero ese día a sopa non se servíu. Algo estaba a distraer a todos ese día. Eu, coma un neno que era, non tiña nin interese nin tampouco me deixaban enterarme do que pasaba, así que non lle din máis importancia a un tema que estaba preocupando a todos menos a mi.

Ano 2003, casa de avoa Reme. O super Dépor.
Domingo, día de reunión na casa de avoa, como de costume. Ese día baixei eu de primeiro olendo a nenuco e coa intención de que me deran a paga antes de ir a tomar os callos a Juán. Meu pai quedouse axudando a miña nai posto que estaba embarazada do meu irmán. Tomamos todos os callos e subimos a casa da avoa. Comín aquela sopa que tanto había botado en falta unhas semanas atrás e a miña merluza con patacas. Unha vez rematada a comida tomamos o postre. Todo parecía normal.  Aquela época estaba de moda o Dépor e o meu tío nunca perdíase un partido, e coma todos os domingos chegou despois de comer coa cara pintada, pero non de blanqui-azul coma sempre, senón de negro e azul e cunha camiseta que non era a habitual. Pensei que xogaba coa camiseta alternativa. A camiseta poñía algo así como “nunca máis” así que pensei que o partido non fora moi ben. De todos modos preguntei:
-Qué tal o partido? Non moi ben polo que vexo…
A súa resposta sorprendeume :
-Hoxe veño de xogar un partido máis importante que o Dépor, e con xente doutros lugares de España.
Meu tio perdéndose un partido do Dépor? E aínda por riba se estaba facendo doutra afición? Algo pasaba.

Ano 2003, coche do meu tío. Mago de Oz.
Algo raro lle pasaba a o coche do meu tío, levaba unha pegatina exactamente igual ca camiseta do Dépor do outro día. “Nunca máis”. Non podía aguantar e preguntei:
-Tío, qué pasa estos días?
-Un barco afundíu preto da nosa costa e todo o que era verde agora é negro. Diríache máis pero penso que non debes saber máis posto que non entenderías o problema que hai máis alá do propio chapapote, así que ti quédate con isto.
Para min era un problema que a nosa costa estivese baixo o dominio do chapapote pero estaba claro que o problema non só era ese…pero non me convenía sbelo naquel tempo.Non sei si adrede o cousas do destino pero nese momento sonou unha canción que a día de hoxe, segue sendo unha das miñas preferidas : Mago de Oz – la costa del silencio.

Ano 2013, miña casa. A conclusión.
Tardei en darme conta de todo. Daquela era pequeno e cando todo pasou, eu tiña outros problemas como para poñerme a pensar en todo aquilo. Comprendín que o problema non só foi o chapapote, senón a incompetencia e a despreocupación das persoas que máis tiñan que facer, pero tamén comprendín que o meu tío non iba ao Dépor, iba a manifestarse e a loitar con xente que viña dende lugares distintos de España. Un acto de rebeldía unida ante unha inxustiza que afectou a todos. E o máis importante, comprendín o significado de aquela canción-

Ano 2014, miña casa. O novo “nunca máis”
Meu irmán aos 11 anos pregúntame que foi o que pasou o ano do seu nacemento. Eu lle poño a canción que sabe que lle vou poñer sempre que me pregunte. A canción soa. Meu irmán sábea de memoria e canta o comezo da canción. “NUNCA MÁS, UNA COSTA, DEL SILENCIO” . Yo escucho, sonrío y sé que algún día comprenderá su significado y sé que en algún momento de su vida, se unirá a una rebeldía junto con otras personas para luchar contra algo que vuelva a afectar a todos.



1 comentario:

  1. Bravo Carlos, se nota que curraches ben neste relato. Mola cantidubi.

    ResponderEliminar