É sabido que as
condicións dos traballadores do asteleiro de Ferrol non están pasando polo
mellor momento, polo que os traballadores están convocando encerros e marchas
ata o axuntamento a modo de protesta e de presión para mellorar as súas condicións.
Meu pai traballa de
bombeiro no asteleiro e como o resto dos seus compañeiros, tamén se encerra e
marcha con pancartas ao axuntamento. Incluso é deses que tiran petardos que
soan coma tronos, si, coma eses pesados que te despertan da túa sesta.
O caso é que isto se
supón que me ven coma anel ao dedo xa que un dos traballos que temos que facer
en historia de Galicia, é sobre a rebeldía e posto que isto é un tema actual,
pareceume apropiado coméntalo.
O caso é que o outro día
meu pai tivo un encerro deses e ao chegar contou a marcha que fixeron dende o
asteleiro ata o axuntamento. Contouno con moita gracia pois él nunca fixera
algo así porque nunca estivo en necesidade de facelo, e agora, parece que si.
Comentandoo coa miña nai
de noite eu dixen :
-entonces papá é un rebelde?
Miña nai contestou :
-non é rebelde se loita polos seus dereitos
Isto fíxome pensar.
Realmente o que fan meu pai e os seus compañeiros non está mal posto que eles
loitan por unha boa causa. Loitan polos seus dereitos coma traballadores que
son e loitan para seguer metendo un xornal na casa todos os meses.
Entón rebelde é un que
fai graffitis nas paredes? Ou en realidade é un artista. Rebelde é un que roba
unha barra de pan? Ou en realidade a roba por necesidade.
Co tempo voume dando
conta de que o término rebelde non é del todo malo, pois penso que este término
o crearon aqueles aos que non lles convén un acto de rebeldía, facéndonos creer
que é algo malo. Non quero dicir que os que se adican a pelearse por ahí ou
rompen cosas e queman contenedores sexan bos, pois esos son delincuentes que
poñen en perigo moitas cousas. Pero a xente que loita polo seu, que marcha a
calle cunha pancarta e un silbato non son rebeldes pois non van en contra da
lei, van en contra das inxusticias sociais que acontecen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario