miércoles, 26 de febrero de 2014

Rebelde

É sabido que as condicións dos traballadores do asteleiro de Ferrol non están pasando polo mellor momento, polo que os traballadores están convocando encerros e marchas ata o axuntamento a modo de protesta e de presión para mellorar as súas condicións.
Meu pai traballa de bombeiro no asteleiro e como o resto dos seus compañeiros, tamén se encerra e marcha con pancartas ao axuntamento. Incluso é deses que tiran petardos que soan coma tronos, si, coma eses pesados que te despertan da túa sesta.
O caso é que isto se supón que me ven coma anel ao dedo xa que un dos traballos que temos que facer en historia de Galicia, é sobre a rebeldía e posto que isto é un tema actual, pareceume apropiado coméntalo.
O caso é que o outro día meu pai tivo un encerro deses e ao chegar contou a marcha que fixeron dende o asteleiro ata o axuntamento. Contouno con moita gracia pois él nunca fixera algo así porque nunca estivo en necesidade de facelo, e agora, parece que si.
Comentandoo coa miña nai de noite eu dixen :
   -entonces papá é un rebelde?
Miña nai contestou :
    -non é rebelde se loita polos seus dereitos
Isto fíxome pensar. Realmente o que fan meu pai e os seus compañeiros non está mal posto que eles loitan por unha boa causa. Loitan polos seus dereitos coma traballadores que son e loitan para seguer metendo un xornal na casa todos os meses.
Entón rebelde é un que fai graffitis nas paredes? Ou en realidade é un artista. Rebelde é un que roba unha barra de pan? Ou en realidade a roba por necesidade.
Co tempo voume dando conta de que o término rebelde non é del todo malo, pois penso que este término o crearon aqueles aos que non lles convén un acto de rebeldía, facéndonos creer que é algo malo. Non quero dicir que os que se adican a pelearse por ahí ou rompen cosas e queman contenedores sexan bos, pois esos son delincuentes que poñen en perigo moitas cousas. Pero a xente que loita polo seu, que marcha a calle cunha pancarta e un silbato non son rebeldes pois non van en contra da lei, van en contra das inxusticias sociais que acontecen.

Polo tanto podo dicir orgulloso que meu pai por exemplo, é un rebelde no mellor sentido da palabra.

Prestige

Ano 2002, casa de avoa Reme. A sopa fría.
Comezaba todo coma un dia normal, comida familiar en casa da avoa. Antes da comida era costume ir ao bar Juán a tomar un mosto tinto cunha tapa de esos callitos picantes que me gustaban tanto. Unha vez terminado o pintxo (teño ascendencia vasca, perdonadme si se me escapa algo) subimos a casa da avoa para comezar coa comida. Normalmente estaba a miña avoa preparando a merluza con patacas que solía comer despois dun platiño calentiño de sopa, pero ese día a sopa non se servíu. Algo estaba a distraer a todos ese día. Eu, coma un neno que era, non tiña nin interese nin tampouco me deixaban enterarme do que pasaba, así que non lle din máis importancia a un tema que estaba preocupando a todos menos a mi.

Ano 2003, casa de avoa Reme. O super Dépor.
Domingo, día de reunión na casa de avoa, como de costume. Ese día baixei eu de primeiro olendo a nenuco e coa intención de que me deran a paga antes de ir a tomar os callos a Juán. Meu pai quedouse axudando a miña nai posto que estaba embarazada do meu irmán. Tomamos todos os callos e subimos a casa da avoa. Comín aquela sopa que tanto había botado en falta unhas semanas atrás e a miña merluza con patacas. Unha vez rematada a comida tomamos o postre. Todo parecía normal.  Aquela época estaba de moda o Dépor e o meu tío nunca perdíase un partido, e coma todos os domingos chegou despois de comer coa cara pintada, pero non de blanqui-azul coma sempre, senón de negro e azul e cunha camiseta que non era a habitual. Pensei que xogaba coa camiseta alternativa. A camiseta poñía algo así como “nunca máis” así que pensei que o partido non fora moi ben. De todos modos preguntei:
-Qué tal o partido? Non moi ben polo que vexo…
A súa resposta sorprendeume :
-Hoxe veño de xogar un partido máis importante que o Dépor, e con xente doutros lugares de España.
Meu tio perdéndose un partido do Dépor? E aínda por riba se estaba facendo doutra afición? Algo pasaba.

Ano 2003, coche do meu tío. Mago de Oz.
Algo raro lle pasaba a o coche do meu tío, levaba unha pegatina exactamente igual ca camiseta do Dépor do outro día. “Nunca máis”. Non podía aguantar e preguntei:
-Tío, qué pasa estos días?
-Un barco afundíu preto da nosa costa e todo o que era verde agora é negro. Diríache máis pero penso que non debes saber máis posto que non entenderías o problema que hai máis alá do propio chapapote, así que ti quédate con isto.
Para min era un problema que a nosa costa estivese baixo o dominio do chapapote pero estaba claro que o problema non só era ese…pero non me convenía sbelo naquel tempo.Non sei si adrede o cousas do destino pero nese momento sonou unha canción que a día de hoxe, segue sendo unha das miñas preferidas : Mago de Oz – la costa del silencio.

Ano 2013, miña casa. A conclusión.
Tardei en darme conta de todo. Daquela era pequeno e cando todo pasou, eu tiña outros problemas como para poñerme a pensar en todo aquilo. Comprendín que o problema non só foi o chapapote, senón a incompetencia e a despreocupación das persoas que máis tiñan que facer, pero tamén comprendín que o meu tío non iba ao Dépor, iba a manifestarse e a loitar con xente que viña dende lugares distintos de España. Un acto de rebeldía unida ante unha inxustiza que afectou a todos. E o máis importante, comprendín o significado de aquela canción-

Ano 2014, miña casa. O novo “nunca máis”
Meu irmán aos 11 anos pregúntame que foi o que pasou o ano do seu nacemento. Eu lle poño a canción que sabe que lle vou poñer sempre que me pregunte. A canción soa. Meu irmán sábea de memoria e canta o comezo da canción. “NUNCA MÁS, UNA COSTA, DEL SILENCIO” . Yo escucho, sonrío y sé que algún día comprenderá su significado y sé que en algún momento de su vida, se unirá a una rebeldía junto con otras personas para luchar contra algo que vuelva a afectar a todos.



Pequenas historias do pasado

Vouvos contar as pequenas pinceladas que sei dos meus avós, neste caso maternos. Atendede.
Miña avoa Esther perdeu ao seu pai cando tiña 9 anos. O seu pai, José Caamaño, era patrón dun barco pesqueiro. Sempre foi patrón menos eses tres anos que estivo nun campo de concentración por unha falsa acusación que dicía que era comunista cando en realidade non o era. No tempo deses tres anos, a súa muller, a miña visavoa, Manuela Souza, non podía ir a visitalo pero sí podía mandarlle comida que non sabía moi ben se esa comida lle chegaría pero ela a mandaba. Daquela tiñan relación cun home que tiña acceso a esos lugares entón Mauela pensou que sería boa idea mandarlle comida a José por mediación daquel home. Dixo que non tiña problema pero que quen algo quere, algo lle costa polo que o muy carota díxolle que o se acostaba con él que non lle llevaría a comida. Manuela negouse e pechou a porta nas narices do home. Cando José saiu de alí, embarcou no seu barco. Navegaba moito e pasaba moi pouco na casa pero vivían ben, tiñan unha casa moi grande en Noia e tiñan un moi bó soldo ao mes.
O problema chegou cando aos 39 anos, deulle in ataque ao corazón a José navegando cara a Australia. Manuela quedouse a cargo de catro fillos e sen nada polo que vendeu a súa casa e marchou para la Graña.
Ao quedarse sen o soldo de José, os meus tios-avós e a miña avoa tiveron que traballar. Miña tia-avoa Mucha, traballou cosendo nunha casa dunha familia acomodada pero terminou por irse cando lle contaba a Manuela o trato que recibía e que lle facían comer as sobras. Manuela que era unha muller curada en desgracias, a sacou rápidamente de alí e pasou a traballar cosendo pero facendo encargos dende a casa. Meu tio-avó Pepe, era o único home polo que foi o único que puido estudar. Estudo máquinas e traballou toda a súa vida en Bazán. Pola outra banda miña tía-avoa Cuca e miña avoa Esther, traballaron nun forno de leña.
Mentres tanto Manuela conseguiu ahorrar e comprou un pequeño bar na Graña. Xa coa situación máis acomodada o bar pasou a ser un negocio familiar pero aínda quedaba o recordo de José. Tivo que aforrar moitos cartos pero conseguiu traer o seu corpo, xa que daquela lle daban a opción de cobrar unha indemnización ou de pagar e traer o corpo dende Australia. Trouxo o corpo e foi enterrado aínda que Manuela nunca creeu realmente que trouxeran o corpo.
Miña avoa e máis os meus tíos-avós casáronse todos pero vouvos falar do meu avó e do meu tio-avó político Chicho.
CHICHO.
Eu apenas recordo a Chicho pero o recordo que teño non é malo, aínda que tiña os seus defectos. Recordo perfectamente como se poñía cada vez que tocabas o tema de Franco. A familia de Chicho fóra fusilada toda no Castelo de San Felipe e outros poucos á luz do faro da Torre de Hércules. Dende pequeno quedou só ao cargo dunha tía e adoptpu un sentimiento e un carácter moi forte contra a opresión, aínda que foi freando co tempo grazas a Mucha, que tiña medo a perdelo nalgunha manifestación ou nalgún arrebato deses que lle daban.
JUÁN, o meu avó
Do meu avó si que teño un gran recordó. Dende pequeño tamém tivo que buscarse a vida non por quedar sin pais, senón por ter que axudar económicamente a estes. Da súa vida de mozo teño moi pouco posto que todo o que sei, seino de cando casou coa miña avoa.
Sempre traballou moi ben e moito. Non lle tocou emigrar pero si lle tocou marchar cara Asturias a traballar día e noite nas minas. Cando conseguiu diñeiro volveu a Graña coa miña avoa e compraron unha parcela de terreo preto da casa onde agora hai un bloque de edificios. Nesa parcela tiñan coellos xa que nn tempo miña avoa vendia as peles dos coellos pero deixou de facelo porque a Juán dáballe pena matalos. O que sí que recordó ben son os grandes cerdos que tiñan alí e os recordó porque todos tiñan nomes de xogadores do Madrid de fútbol. Puskas, Juanito,Paco….
Tiña tamén unha chalana preciosa que aínda a coservamos e a uso eu sobre todo no verán para ir a pescar xa que o meu avó gustáballe moito a pesca.
Coa parcela iban saíndo as cousas adelante pero con catro fillos había que sacar máis ingresos así que meu avó meteuse a traballar en Izar onde estivo toda a vida ata que enfermou.
Teño o recordo dos antigos homes fuertes e traballadores, que saían as calles a protestar e logo chegaban a casa cunha sonrisa e parecía que non pasaba nada.
Cando Franco morreu na casa da miña nai era todo felicidade posto que tiveron tres días sen escola pero para Chicho e Juán era outro motivo de celebración distinto.

Os dous morreron tranquilos e orgullosos sabendo que ao final, tanto traballo e sufrimento serveu para algo. Meu avó puido verme a min de pequeno co seu buzo verde de Izar saíndo a pescar na María, a chalana que tanto lle costou facer e que usaba como modo de saír dos recordos da súa nenez e coller forzas para proporcionarme tanto a mi como a miña nai, a súa muller e o resto dos seus fillos unha vida mellor. En canto a Chicho, bueno….estou seguro que cando veu morrer ao “enano cabrón” como decía él, sentíu por fin, o sentimento que él buscaba.

Acontecementos rebeldes

En clase todo o día o Manolo dando a lata coas súas historias de sempre; que si Galicia está chea de lendas, que non sei que, que hai mogollon de historias interesantes e superchulas e sempre remata cunha frase típica : “se isto pasase en Estados Unidos, xa teria unha película”. O que mais me jode de todo isto e que ten razón o tío....pouco estiven buscando a verdade, pero o pouco que estiven saíronme máis cousas das esperadas e todas ellas faladas xa por Manolo en clase
Saíronme moitas historias pero as que me saían en todalas partes eran as seguintes :
        -O monte Medulio onde levouse a cabo un souicidio colectivo para evitar ser os esclavos dos romanos.
          Un éxito dende o punto de vista de que non os capturaron pero un gran fracaso porque acabaron todos
           mortos.
         -As revoltas irmandiñas nas que todo o pobo llano sublebouse contra os nobles, matándoos e asaltando
           os seus castelos. Outra vez un éxito entre comillas porque conseguiron matar a varios nobles e
           dominar Galicia durante dos años pero ao final foron derrotados e orbigados a reconstruir as
           fortificacións e reprendidos duramente.
         -A banda dos Soupiñas. Persoalmente non me fan moita gracia estos temas pero non podía faltar por
          todo o que nos falou manolo deles. Formouse en Ferrol e estivo dirixida por Manuel de la Cruz.
          Adicábase a roubar, extorsionar e secuestrar a nobres e eclesiásticos para ser capaces de sobrelevar
          a miseria. Todo iba ben ata que o Zumalacárregui en 1832 consegue atrapar a 40 membros da banda
          e rematar por desmantelala. Finalmente Manuel de la Cruz foi enviado a cárcel de Ceuta.
         -O Prestige. Isto cádrame máis a man posto que por desgracia tocoume vivilo. Realmente o desastre
           prodúcese pola incompetencia no mandato de José María Aznar e do seu vicepresidente “o hilillos”,
           Mariano Rajoy. Un petrolero hunde nas costas galegas deixando unha marea negra e destruíndo o
          Ecosistema e matando especies animais. O pobo galego unido rebelouse e o PP non revalidou o seu
          mandato aquel ano. Unha victoria entre comillas outra vez posto que 8 años despois o PP volve a
          gobernar.
          -Na actualidade Galicia rebélase contra unha política ineficaz que nos mete cada vez máis nunha crise
           e nunha sociedade con ciertos rasgos a ditadura.


En definitiva Galicia é unha terra que non se deixa abasalar e loita polo xusto pero desgraciadamente non ten o poder suficiente para “gañar” algunha batalla sen que logo volvan a perder.

A Mafia Ferrolana

Non só os italianos ou os chinos teñen mafia. Increíblemente nós, tamén tivemos a nosa o que pasa é que son desas historias que nunca che contan e quedas sin sábelo ata que por casualidade aparece Manolo. É un tipo que non sei como carallo fai, pero fales do que lle fales nunca o pillas en nada, o tío está enterado de todo, e como non lle podemos contar nada que non sepa, só nos queda escoitar como pampos o que di nas súas clases.
A verdade é que hai cousas que non me interesan moito pero por outro lado teño que recoñecer que hai cousas curiosas que nunca imaxinei que poderían pasar nun sitio como Galicia e moito menos en Ferrol. Con isto refírome a banda dos Soupiñas.
Os Soupiñas eran unha banda de ladróns moi moi ben organizada que se adicaba a roubar, extorsionar e incluso secuestrar a personaxes de Ferrol.
Chegou a contar con 135 membros entre eles xente respetable cos seus propios negocios. Non sei moi ben se iso de respetable está ben aplicado, posto que para pertencer a unha banda de estas, non sei se fará falta ser moi respetable.
O seu líder era un rico comerciante chamado Manuel de la Cruz. Manuel cuida ben dos seus homes posto que teñen un xornal fixo e unha paga para as viuvas (consecuencias de ter un marido nunha banda de estas)
En 1832 chega a Ferrol o coronel Zumalacárregui que monta un sistema polo cal consegue atrapar a máis de 40 membros e finalmente desmantelar a banda.

O motivo de creación da banda remóntase a entrada dos 100.000 fillos de San Luis en Ferrol que provocou a miseria total da terra. Pero por si fora pouco, en 1925 Ferrol perde a súa categoría de capital departamental e pasa a depender completamente de Cádiz. Todo isto provocou unha situación de malestar na terra e sumándolle a corrupción no poder e o relaxamento das forzas armadas, a delincuencia aumenta considerablemente e provoca a creación de bandas organizadas como os Soupiñas.